Condicións Xerais do sitio web velaqui.gal

Mediante este documento establécense as Condicións Xerais de acceso e uso do sitio web www.velaqui.gal e dos servizos previstos no mesmo (en adiante, Condicións Xerais) por parte da Dinahosting, S.L. (en adiante, Dinahosting), con CIF núm. B15805419 e con domicilio social na Rúa das Salvadas 41, 15705 - Santiago de Compostela, inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña o 26 de outubro de 2001, Tomo 2.514, folio 194, folla nº C-27.529, ás persoas físicas (en adiante, usuarios) que utilicen os servizos regulados nas presentes condicións mediante a solicitude realizada por medios electrónicos, concretamente vía internet, no sitio web www.velaqui.gal, titularidade da Asociación PuntoGal (en adiante, PuntoGal), con CIF G70065107 e domicilio sito na Rúa Tabernas, 11, 15001 de A Coruña, inscrita no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia co número 2006-9988-1.

1. Información e documentación contractual. Aceptación do usuario

As presentes Condicións Xerais expóñense con carácter permanente no sitio web velaqui.gal (en adiante, “Sitio Web”), podendo todos os usuarios arquivalas, imprimilas e, por tanto, estar previamente informados das características e, en xeral, de todas as condicións en que se efectuará a prestación do servizo.

Así mesmo, as presentes Condicións Xerais reiteraranse para a súa aceptación expresa por parte do usuario -mediante un clic en “leo e acepto as Condicións”- cada vez que se realiza unha solicitude concreta de servizo a través do Sitio Web. Non é tecnicamente posible que o usuario poida utilizar o servizo sen que se produza a aceptación das presentes Condicións Xerais. Mediante a utilización do servizo, o usuario declara ser maior de idade, ter capacidade suficiente para contratar e ter lido, entendido e aceptado as presentes Condicións.

Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será exposta claramente no Sitio Web con indicación da data de entrada en vigor. Toda a documentación sinalada anteriormente pode ser impresa e arquivada polo usuario, quen pode solicitala en calquera momento ao Servizo de Atención ao Cliente mediante a remisión do correspondente correo electrónico a info@dinahosting.com ou telefonicamente no número 900 854 000.

Calquera solicitude de información, ou reclamación que se estime pertinente, poderá remitirse ao Servizo de Atención ao Cliente nos sinais identificados no párrafo anterior. O Servizo acusará recibo da reclamación presentada mediante a remisión do pertinente xustificante –coa correspondente clave identificativa- á dirección de correo electrónico que deberá proporcionarse ao Servicio de Atención ao Cliente para tramitar a reclamación. Tras recibir unha solicitude ou reclamación por calquera dos medios indicados no párrafo anterior, Dinahosting analizará o caso plantexado polo usuario e proporcionaralle unha resposta na maior brevidade posible, que en todo caso non superará os quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao de recibir Dinahosting a solicitude ou reclamación.

A utilización do Sitio Web, e dos Servizos previstos no mesmo, implica necesariamente a aceptación da Política de Privacidade, Política de Cookies e das presentes Condicións Xerais, consentíndose o tratamento dos datos nos termos descritos nestes textos legais.

2. Obxecto

Dinahosting comprométese a prestar o servizo de intercambio de arquivos solicitado polo usuario a través do sitio web ‘velaqui.gal’ (en adiante, o Sitio Web) nos termos e condicións que se establecen nas presentes Condicións Xerais.

3. Dereitos e obrigas da Dinahosting

3.1. Prestación de servizos

Os usuarios que desexen utilizar o servizo deberán introducir a súa dirección de correo electrónico no formulario de intercambio de ficheiros e definir as características do enlace conforme ás características dispoñibles no Sitio Web.

A capacidade máxima, de subida e de almacenamento total, é de dous Gigabytes por usuario. O servizo admite arquivos en múltiples formatos, así como a subida simultánea de múltiples arquivos na mesma solicitude. O enlace caducará en todo caso, como máximo, aos quince días da súa creación, eliminándose o contido asociado ao mesmo, salvo que o usuario definise unha caducidade inferior. Do mesmo modo, o usuario pode limitar o número de descargas asociadas ao enlace, cifrar a información establecendo un contrasinal ao efecto, e elixir os destinatarios do enlace mediante a introdución da dirección de correo electrónico dos mesmos ata un máximo de vinte destinos.

3.2. Interrupción do servizo

Dinahosting resérvase o dereito a interromper temporal ou definitivamente a prestación do servizo por necesidades imperativas de mellora, reparación ou susbtitución dos medios técnicos utilizados para a prestación do mesmo. Así mesmo Dinahosting resérvase o dereito a interromper o servizo cando o usuario estea incumprindo calquera das cláusulas existentes nas presentes Condicións e, moi especialmente, cando o usuario estea cometendo algún tipo de actividade ilícita e/ ou cando o usuario estea utilizando o servizo vulnerando o disposto nas presentes Condicións. As interrupcións de servizo por estes motivos non darán lugar en ningún caso a unha indemnización ao usuario.

3.3. Responsabilidades

Dinahosting non será responsable dos erros, retrasos no acceso, retrasos no sistema ou calquera anomalía que poida surxir en relación con problemas de carácter xeral na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da empresa. Dinahosting comprométese a tratar de solucionar estas incidencias poñendo todos os medios ao seu alcance e ofrecendo todo o apoio necesario ao usuario para solventar as incidencias da forma máis rápida e satisfactoria posible. Da mesma forma Dinahosting non será responsable dos fallos que por estas causas se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transicións incompletas de maneira que non garantiza que o sitio web estea en todo momento operativo cando se deba a cuestións non imputables a Dinahosting ou que esta non poida resolver cos medios que están ao seu alcance. O usuario exime de toda responsabilidade á Dinahosting se algunha destas causas comeza a producirse.

Dinahosting asume as responsabilidades que se poidan derivar da prestación dos servizos que ofrece nos límites e tal e como se especifica nas distintas Condicións Xerais de Contratación dos servizos que están a disposición do usuario.

Dinahosting, á marxe de outras exoneracións de responsabilidade sinaladas nas presentes Condicións Xerais, expresamente non será responsable en ningún caso en relación con:

3.3.1. Erros nas conexións, caso fortuíto e forza maior

Dinahosting non será responsable da non dispoñibilidade do Sitio Web ou do servizo, dos erros, retrasos no acceso, ou calquera anomalía que sexa debida a problemas de conexión do usuario. Dinahosting non ofrece servizos de conexión a Internet- ou de carácter xeral na rede Internet-, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da empresa e non imputable á mesma.

3.3.2. Danos

Dinahosting en ningún caso será responsable polos erros ou danos producidos polo uso ineficiente e de mala fe do servizo por parte do usuario. Tampouco será responsable Dinahosting das consecuencias maiores ou menores pola falta de comunicación entre Dinahosting e o usuario cando sexa imputable ao non funcionamento do correo electrónico facilitado ou á falsidade dos datos proporcionados polo usuario ao utilizar o servizo.

Dinahosting asume a responsabilidade da prestación eficiente do servizo en función do establecido nas presentes Condicións e en función da solicitude concreta realizada polo usuario. O usuario renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do seu propio incumprimento das presentes Condicións Xerais ou derivados de calquera actuación dolosa ou neglixente por parte do usuario. En todo caso a responsabilidade da Dinahosting en caso de levar a cabo unha prestación de servizo ineficiente será sempre obxectiva segundo os termos das presentes Condicións Xerais e limitarase á devolución do importe abonado, no seu caso, polo usuario na cuantía proporcional ao período no que non gozará do servizo.

3.3.3. Recursos do sistema

Dinahosting reservarase o dereito de denegar a execución de arquivos por parte do usuario, ou a cancelar os referidos arquivos unha vez executados cando supoñan un uso abusivo de recursos do sistema ou poidan supor un perigo para a integridade dos servizos que ofrece Dinahosting. Esta actuación por parte da Dinahosting non dará lugar en ningún caso a unha posible reclamación por parte do usuario xa que este coñece as capacidades do servizo, podendo Dinahosting denegarlle de antemán realizar determinadas accións que supoñan un uso abusivo ou inadecuado do servizo.

4. Dereitos e obrigas do usuario

4.1. Responsabilidades

O usuario asume que o Servizo ten as características que se describen no Sitio Web e nestas Condicións debendo determinar se se adecúa ás súas necesidades antes de utilizalo.

O acceso e uso do Sitio Web e do servizo realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos danos e prexuízos que poida causar a terceiros, a Dinahosting ou PuntoGal. O usuario asume toda a responsabilidade derivada do uso do Sitio Web, sendo o único responsable de todo efecto directo ou indirecto que sobre a páxina web ou servizo se derive, incluíndo, de forma enunciativa e non limitativa, todo resultado económico, técnico e/ou xurídico adverso, así como a defraudación das expectativas xeradas polo Sitio Web ou o Servizo, obrigando ao usuario a manter indemne á Dinahosting e PuntoGal por calquera reclamación derivada, directa o indirectamente de tales feitos.

O incumprimento das presentes Condicións, así como o desenvolvemento de calquera actividade ilícita ou contraria ás presentes Condicións poderá implicar a perda da condición de usuario e, por tanto, o acceso ao servizo velaqui.gal. No caso de perder a condición de usuario, Dinahosting eliminará os arquivos intercambiados a través do Servizo.

O usuario asume todas as responsabilidades polos contidos intercambiados a través do Sitio Web e do Servizo, quedando expresamente exoneradas Dinahosting e PuntoGal de todo tipo de responsabilidade civil, penal ou de calquera outra índole que puidera derivarse de reclamacións en relación cos Contidos que o usuario intercambia. Dinahosting, no momento en que teña coñecemento da introdución por parte do usuario de contidos que vulneren dereitos de terceiros, ou propios da Dinahosting, tales como contidos que violen dereitos da propiedade intelectual ou industrial, dereitos fundamentais ou calquera outro contido que sexa contrario á lei, procederá cando sexa posible a suspender e/ou cancelar definitivamente a prestación do servizo e a retirar por tanto os contidos ilegais. Ademais Dinahosting dará aviso inmediatamente ás autoridades competentes sobre estas incidencias facilitándolle ás mesmas todos os datos que lle sexan requiridos xudicialmente.

4.2. Contidos

O usuario comprométese a non utilizar o Servizo para cometer, promover, habilitar ou facilitar, directa ou indirectamente, actos ou infraccións ilegais ou ilícitas destas Condicións, ou facilitar estas accións a Terceiros para que as realicen a través do Servizo.

O usuario garante que ten, para cada arquivo intercambiado, todos os permisos necesarios, incluídos os dereitos de autor e doutros titulares de dereitos de propiedade intelectual, para distribuír, transferir, almacenar e/ou pór a disposición os Contidos a través do Servizo.

O usuario non utilizará o Servizo, baixo ningún concepto, para intercambiar Contidos que conteñan: datos de carácter persoal, pornografía infantil, material difamatorio, calumnioso ou de calquera outra forma ilícito; ou que promovan o racismo, a violencia, a discriminación ou o odio, en calquera das súas formas; nin transferirá a través do mesmo, contidos que infrinxan dereitos de propiedade intelectual, dereitos de protección de datos e/ou cualquera outro tipo de dereitos de terceiros, nin que conculquen ou infrinxan calquera outra lei ou regulación aplicable.

O usuario comprométese a non transferir a través do Sitio Web ou Servizo, virus, vermes, malware ou contidos que de calquera outra forma poidan poñer en perigo a integridade, confidencialidade ou dispoñibilidade da información da Dinahosting ou de terceiros.

Prohíbese expresamente a utilización do servizo Sitio Web por parte do usuario para o envío de correos masivos non solicitados (spamming). Dinahosting recibe notificacións desde distintas organizacións imparciais que loitan contra o uso deste tipo de prácticas (envío masivo de correo non desexado). En caso de que Dinahosting reciba estas notificacións farallo saber ao usuario para que, con carácter inmediato, cese con estas malas prácticas. Dinahosting non entrará a valorar se as direccións ás que o usuario enviou un correo non solicitado foron obtidas co consentimento do seu titular, e actuará sempre e cando unha organización dedicada á loita contra estas actividades así llelo notifique -estas organizacións reciben as queixas das persoas que reciben correos non solicitados-. Se o usuario non abandona o uso destas prácticas, Dinahosting cancelará de forma inmediata o Servizo, reservándose o exercicio de cantas accións legais sexan oportunas para defender os seus intereses. Así mesmo queda expresamente prohibida a utilización de programas deseñados co fin de causar problemas ou ataques na rede, ou intentar pór a proba a seguridade do Servizo, realizando cualquera tipo de entrada ou acción que non resulte estritamente necesaria para o uso do Servizo por parte do usuario.

4.3. Bo uso do servizo

O usuario está obrigado a facer un bo uso do servizo e, por tanto, a non utilizalo de mala fe para calquera práctica que estea prohibida pola lei ou rexeitada polos usos mercantiles. Dinahosting queda facultada por medio das presentes Condicións, a partir do momento en que teña coñecemento da realización por parte do usuario de calquera actuación ou uso ilegal en xeral, a poñer en coñecemento das autoridades competentes estas circunstancias e dar de baixa ao usuario ou restrinxirlle o acceso ao Sitio Web ou ao Servizo. O usuario será o único responsable fronte a calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros prexudicados, asumindo este todos los gastos, custos e indemnizacións que, no seu caso, poida asumir Dinahosting ou PuntoGal se a reclamación é dirixida contra estas.

Dinahosting, en caso de recibir algún tipo de comunicado por parte dun terceiro sobre a suposta ilicitude dalgún contido ou actividade levada a cabo por un usuario dos servizos da Dinahosting, e sempre e cando esta comunicación sexa recibida de modo que o comunicante se identifique axeitadamente, procederá a poñelo en coñecemento do usuario e, en caso de que a actividade sexa manifestamente ilícita, procederá a bloquear o Servizo ou o contido en cuestión. Para que esta actividade sexa manifestamente ilícita esta ilicitude debe ser inequívoca para calquera que acceda a eses contidos. En casos concretos como dereitos de autor ou inxurias e calumnias Dinahosting non pode entrar a dirimir se o usuario ten ou non dereito a intercambiar eses contidos ou se os mesmos son constitutivos de inxurias ou calumnias sendo unicamente a autoridade competente quen pode indicar esa ilicitude e, por tanto, ordenar o cesamento do servizo.

4.4. Guarda e custodia de claves

O usuario é o único responsable da seguridade e confidencialidade das claves coas que xestiona os enlaces, debendo gardalas en lugar seguro coa fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados. A perda das claves, por cualquera causa, implicará a perda do acceso aos contidos cifrados coa mesma. En caso que as claves deixen de ser seguras, o usuario será o único responsable de eliminar o enlace creado para facer inaccesible a información a persoas non autorizadas.

5. Denuncias

Os interesados poden denunciar abusos ou infraccións de dereitos relacionados co uso do Sitio Web ou do servizo Velaqui.gal, en calquera momento, mediante a remisión dunha mensaxe de correo electrónico remitido á dirección especialmente habilitada ao efecto con este fin: abuse@dinahosting.com.

As denuncias recibidas revisaranse, na orde a verificar a identidade e credenciais das persoas denunciantes, e contestaranse á dirección de correo electrónico proporcionada polo denunciante no plazo máis breve posible. Así mesmo, tomaranse as medidas razonables e oportunas para investigar e responder de forma adecuada ás denuncias remitidas por estes medios. O prazo de resolución das denuncias presentadas dependerá do alcance e a complexidade dos feitos denunciados, estimando como prazo razonable de resolución: dez (10) días hábiles. Como parte da resolución, comunicarase aos denunciantes as medidas adoptadas en relación á denuncia presentada.

6. Comunicacións

Dinahosting e o usuario acordan comunicarse e notificárense todas as incidencias que se produzan polo uso do Sitio Web ou servizo Velaqui.gal, preferentemente e previo a cualquera outra vía de comunicación, mediante correo electrónico. O correo da Dinahosting para estas comunicacións será info@dinahosting.com e o do usuario será o facilitado ao usar o servizo. O usuario comprométese a ter operativo este correo electrónico. Dinahosting quedará exenta de cualquera responsabilidade que puidera derivarse pola falta de consulta ou erro no correo electrónico facilitado polo usuario. Cada unha das partes será responsable da garda e custodia das copias das comunicacións que se realicen.

7. Dereitos de autor e marca

Dinahosting® é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca da Dinahosting, que inclúe tanto o nome como o logotipo, salvo consentimento expreso da Dinahosting. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web da Dinahosting -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso da Dinahosting.

8. Enlaces

O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web velaqui.gal non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións ou servizos postos a disposición no referido sitio web. Concretamente o usuario que introduza un hiperenlace ou link comprométese a: non destruír, danar ou alterar de calquera forma os contidos ou servizos postos a disposición do usuario no sitio web velaqui.gal; non declarar que Dinahosting ou PuntoGal asumen a supervisión do hiperenlace ou dos contidos da propia web do usuario que introduce un enlace ao sitio web velaqui.gal no seu propio sitio web; e, non incluír no seu propio sitio web a marca, nome comercial ou calquera signo distintivo pertencente á Dinahosting ou PuntoGal sen a previa autorización de cada entidade.

A existencia de hiperenlaces en páxinas web alleas que permitan o acceso ao sitio web velaqui.gal non implicará en ningún caso a existencia de relacións comerciais ou mercantís co/coa titular da páxina web onde se estableza o hiperenlace, nin a aceptación por parte da Dinahosting ou PuntoGal dos seus contidos ou servizos. Dinahosting non será responsable en ningún caso dos contidos ou servizos da web do usuario onde se inclúa un hiperenlace ou enlace ao sitio web velaqui.gal.

9. Protección de datos

PuntoGal informa de que os datos rexistrados para prestar o servizo unicamente se tratarán coa finalidade de prestar e xestionar o servizo de intercambio de arquivos do sitio web velaqui.gal e, no seu caso, informarlles das incidencias detectadas. Os datos recibidos por calquera dos medios e/ou canles de contacto indicados no sitio web, utilizaranse para contactar e/ou xestionar a solicitude ou incidencia comunicada. As chamadas recibidas poden ser gravadas, por motivos de seguridade e para mellorar a calidade dos servizos. En ningún caso se tratarán os datos con fíns de promoción comercial. Os usuarios consenten expresamente o tratamento dos seus datos ao utilizar o servizo ou enviar información e/ou utilizar calquera dos medios de contacto previstos no sitio web velaqui.gal. Os usuarios deben absterse de proporcionar datos de carácter persoal doutros interesados, salvo que dispoñan da pertinente autorización, e cuxos interesados serán previa e debidamente informados sobre o contido da presente cláusula e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados á Dinahosting para seren tratados conforme ás finalidades que correspondan, así como que poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición (en adiante, denominados conxuntamente ARCO) nos termos descritos nesta mesma cláusula.

Dinahosting conserva os datos de tráfico e localización xerados no marco da prestación dos servizos de comunicacións electrónicas contratados polos usuarios, a disposición das autoridades competentes durante o prazo legalmente establecido, de conformidade coa Lei 25/2007, de 18 de outubro, de conservación de datos relativos ás comunicacións electrónicas e ás redes públicas de comunicacións.

Os interesados poden exercitar os seus dereitos ARCO, e revocar o consentimiento prestado para os tratamentos e/ou cesións dos seus datos, en calquera momento solicitándoo por correo postal dirixido ao Departamento Xurídico da Dinahosting S.L., na seguinte dirección: Rúa das Salvadas 41, Baixo – 15705 Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben, enviando un correo electrónico a datos@dinahosting.com. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.

Non se cederán datos a terceiros, salvo que unha Lei ou unha norma comunitaria dispoñan do contrario, ou se é necesario para a prestación do servizo contratado. En tal caso, unicamente comunícanse aqueles datos imprescindibles para xestionar a petición dos usuarios, de forma que a cesión responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica existente, cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implican necesariamente a conexión dos datos e que inclúe a transmisión necesaria dos mesmos. O uso do servizo implica a necesaria comunicación da dirección de correo electrónico do usuario do servizo aos destinatarios do enlace identificados, no seu caso, por este a través do servizo.

As cookies que utiliza o Sitio Web son anónimas e non proporcionan referencias que permitan deducir datos personais do usuario. Para coñecer a política de instalación e xestión de dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais consulta a Política de Cookies.

10. Xurisdición e lei aplicable

As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións Xerais serán competentes aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidera corresponderlle.

11. Miscelánea

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente contrato realízase unicamente en galego. Dinahosting poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos, salvo recoñecemento expreso por parte da Dinahosting.