Asociación PuntoGAL (en adiante, PuntoGAL), con CIF G70065107 e domicilio en Rúa Tabernas, 11, 15001, A Coruña, en calidade de titular do sitio web velaqui.gal, pola presente establece as Condicións Xerais de acceso e uso do sitio web velaqui.gal e dos servizos previstos no mesmo (en adiante, Condicións Xerais)
As presentes Condicións Xerais expóñense con carácter permanente no sitio web velaqui.gal (en adiante, “Sitio Web”), podendo todos os usuarios arquivalas, imprimilas e, por tanto, estar previamente informados das características e, en xeral, de todas as condicións en que se efectuará a prestación do servizo.
As presentes Condicións Xerais reitéranse para a súa aceptación expresa por parte do usuario -mediante un clic en “leo e acepto as Condicións”- cando se rexistra como usuario a través do Sitio Web. Non é tecnicamente posible que o usuario poida rexistrarse coma usuario sen que se produza a aceptación das presentes Condicións Xerais. Mediante a utilización do servizo, o usuario declara ser maior de idade, ter capacidade suficiente para contratar e ter lidas, entendidas e aceptadas as presentes Condicións.
Calquera modificación posterior das presentes Condicións Xerais será exposta claramente no Sitio Web con indicación da data de entrada en vigor. Toda a documentación sinalada anteriormente pode ser impresa e arquivada polo usuario, quen pode solicitala en calquera momento ao Servizo de Atención ao Cliente mediante a remisión do correspondente correo electrónico a info@dinahosting.com ou telefonicamente no número 900 854 000.
Calquera reclamación que se estime pertinente poderá remitirse por escrito mediante correo electrónico dirixido a reclamaciones@dinahosting.com. O Servizo acusará recibo da reclamación presentada mediante a remisión do pertinente xustificante -coa correspondente clave identificativa- á dirección de correo electrónico que deberá proporcionarse ao Servizo de Atención ao Cliente para tramitar a reclamación. Tras recibir unha solicitude ou reclamación por calquera dos medios indicados no parágrafo anterior, Dinahosting analizará o caso proposto polo usuario e proporcionará unha resposta no prazo máximo dun mes.
A utilización do Sitio Web, e dos Servizos previstos no mesmo, implica necesariamente a aceptación da Política de Privacidade, Política de Cookies e das presentes Condicións Xerais, consentíndose o tratamento dos datos nos termos descritos nestes textos legais.
PuntoGAL comprométese a prestar o servizo de intercambio de arquivos solicitado polo usuario a través del sitio web ‘velaqui.gal’ (en adiante, o Sitio Web) nos termos e condicións que se establecen nas presentes Condicións Xerais.
Os usuarios que desexen utilizar o servizo deberán introducir a súa dirección de correo electrónico no formulario de intercambio de ficheiros e definir as características do enlace conforme ás características dispoñibles no Sitio Web.
A capacidade máxima, de subida e de almacenamento total, é de dous Xigabytes por usuario. O servizo admite arquivos en múltiples formatos, así como a subida simultánea de múltiples arquivos na mesma solicitude. O enlace caducará en todo caso, como máximo, aos quince días da súa creación, eliminándose o contido asociado ao mesmo, salvo que o usuario teña definido unha caducidade inferior. Do mesmo modo, o usuario pode limitar o número de descargas asociadas ao enlace, cifrar a información establecendo un contrasinal ao efecto, e elixir os destinatarios do enlace mediante a introdución da dirección de correo electrónico dos mesmos ata un máximo de vinte destinos.
Interromperase ou definitivamente a prestación do servizo por necesidades imperativas de mellora, reparación ou substitución dos medios técnicos utilizados para a prestación do mesmo. Así mesmo, interromperase o servizo cando o usuario estea incumprindo calquera das cláusulas existentes nas presentes Condicións e, moi especialmente, cando o usuario estea cometendo algún tipo de actividade ilícita e/ ou cando o usuario estea utilizando o servizo vulnerando o disposto nas presentes Condicións. As interrupcións de servizo por estes motivos non darán lugar en ningún caso a unha indemnización ao usuario.
PuntoGAL non será responsable dos erros, retrasos no acceso, retrasos no sistema ou calquera anomalía que poida xurdir en relación con problemas de carácter xeral na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da empresa, y comprométese a tratar de solucionar estas incidencias poñendo todos os medios ao seu alcance e ofrecendo todo o apoio necesario ao usuario para solucionar as incidencias da forma máis rápida e satisfactoria posible. Así mesmo, non será responsable dos fallos que por estas causas se poidan producir nas comunicacións, borrado ou transicións incompletas de maneira que non garante que o sitio web estea en todo momento operativo cando se deba a cuestións non imputables á mesma ou que esta non poida resolver cos medios que están ao seu alcance. O usuario exime de toda responsabilidade a PuntoGAL se algunha destas causas comeza a producirse.
PuntoGAL asume as responsabilidades que poidan derivarse da prestación dos servizos que ofrece nos límites tal e como se especifica nas distintas Condicións Xerais de Contratación dos servizos que están a disposición do usuario.
PuntoGAL, á marxe doutras exoneracións de responsabilidade sinaladas nas presentes Condicións Xerais, expresamente non será responsable en ningún caso en relación con:
Non será responsable da non dispoñibilidade do Sitio Web ou do servizo, dos erros, retrasos no acceso, ou calquera anomalía que sexa debida a problemas de conexión do usuario –posto que non ofrece servizos de conexión a Internet- ou de carácter xeral na rede Internet, causas de caso fortuíto ou forza maior ou calquera outra continxencia totalmente imprevisible e por tanto allea á boa fe da empresa e non imputable á mesma.
En ningún caso será responsable polos erros ou danos producidos polo uso ineficiente e de mala fe do servizo por parte do usuario. Tampouco será responsable das consecuencias maiores ou menores pola falta de comunicación co usuario cando sexa imputable ao non funcionamento do correo electrónico facilitado ou á falsidade dos datos proporcionados polo usuario ao utilizar o servizo.
Asume a responsabilidade da prestación eficiente do servizo en función do establecido nas presentes Condicións e en función da solicitude concreta realizada polo usuario. O usuario renuncia expresamente a reclamar calquera responsabilidade contractual ou extracontractual polos posibles danos ou prexuízos derivados do seu propio incumprimento das presentes Condicións Xerais ou derivados de calquera actuación dolosa ou neglixente por parte do usuario.
Denegará a execución de arquivos por parte do usuario, os referidos arquivos unha vez executados cando supoñan un uso abusivo de recursos do sistema ou poidan supor un perigo para a integridade dos servizos. A adopción desta medida non dará lugar en ningún caso a unha posible reclamación por parte do usuario xa que este coñece as capacidades do servizo e que pode denegarse de antemán que poida realizar determinadas accións que supoñan un uso abusivo ou inadecuado do servizo.
O usuario asume que o Servizo ten as características que se describen no Sitio Web e nestas Condicións debendo determinar se se adecúa ás súas necesidades antes de utilizalo.
O acceso e uso do Sitio Web e do servizo realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos danos e prexuízos que poida causar a terceiros e a PuntoGAL. O usuario asume toda a responsabilidade derivada do uso do Sitio Web, sendo o único responsable de todo efecto directo ou indirecto que sobre a páxina web ou o servizo se derive, incluíndo, de forma enunciativa e non limitativa, todo resultado económico, técnico e/ou xurídico adverso, así como a defraudación das expectativas xeradas polo Sitio Web ou o Servizo, obrigándose o usuario a manter indemne a PuntoGAL por calquera reclamación derivadas, directa ou indirectamente de tales feitos
O incumprimento das presentes Condicións, así como o desenvolvemento de calquera actividade ilícita ou contraria ás presentes Condicións poderá implicar a perda da condición de usuario e, por tanto, o acceso ao servizo velaqui.gal., No caso de perder a condición de usuario, eliminaranse os arquivos intercambiados a través do Servizo nos termos descritos na Política de Privacidade.
O usuario asume todas as responsabilidades polos contidos intercambiados a través do Sitio Web e do Servizo, quedando expresamente exonerada PuntoGAL de todo tipo de responsabilidade civil, penal ou de calquera outra índole que puidera derivarse de reclamacións en relación cos Contidos que o usuario intercambia. En canto PuntoGAL teña coñecemento da introdución por parte do usuario de contidos que vulneren dereitos de terceiros, ou propios da Dinahosting, tales como contidos que violen dereitos da propiedade intelectual ou industrial, dereitos fundamentais ou calquera outro contido que sexa contrario á lei, procederá cando sexa posible a suspender e/ou cancelar definitivamente a prestación do servizo e a retirar por tanto os contidos ilegais. Do mesmo modo, procederase a dar aviso inmediatamente ás autoridades competentes sobre estas incidencias facilitándolle ás mesmas todos os datos que lle sexan requiridos xudicialmente.
O usuario comprométese a non utilizar o Servizo para cometer, promover, habilitar ou facilitar, directa ou indirectamente, actos ou infraccións ilegais ou ilícitas destas Condicións, ou facilitar estas accións a Terceiros para que as realicen a través do Servizo.
O usuario garante que ten, para cada arquivo intercambiado, todos os permisos necesarios, incluídos os dereitos de autor e doutros titulares de dereitos de propiedade intelectual, para distribuír, transferir, almacenar e/ou pór a disposición os Contidos a través do Servizo.
O usuario non utilizará o Servizo, baixo ningún concepto, para intercambiar Contidos que conteñan: datos de carácter persoal, pornografía infantil, material difamatorio, calumnioso ou de calquera outra forma ilícito; ou que promovan o racismo, a violencia, a discriminación ou o odio, en calquera das súas formas; nin transferirá a través do mesmo, contidos que infrinxan dereitos de propiedade intelectual, dereitos de protección de datos e/ou calquera outro tipo de dereitos de terceiros, nin que conculquen ou infrinxan calquera outra lei ou regulación aplicable.
O usuario comprométese a non transferir a través do Sitio Web ou Servizo, virus, vermes, malware ou contidos que de calquera outra forma poidan poñer en perigo a integridade, confidencialidade ou dispoñibilidade da información tratada no Servizo ou a infraestrutura que o soporta.
Prohíbese expresamente a utilización do servizo Sitio Web por parte do usuario para o envío de correos masivos non solicitados (spamming). No caso de que se reciba noticia de que se está utilizando o Servizo con esta finalidade, informarase ao usuario para que, con carácter inmediato, cese con estas malas prácticas. Non se entrará a valorar se as direccións ás que o usuario enviou un correo non solicitado foron obtidas co consentimento do seu titular, e actuará sempre e cando unha organización dedicada á loita contra estas actividades así llelo notifique -estas organizacións reciben as queixas das persoas que reciben correos non solicitados-. Se o usuario non abandona o uso destas prácticas, cancelarase de forma inmediata o Servizo. Así mesmo queda expresamente prohibida a utilización de programas deseñados co fin de causar problemas ou ataques na rede, ou intentar pór a proba a seguridade do Servizo, realizando calquera tipo de entrada ou acción que non resulte estritamente necesaria para o uso do Servizo por parte do usuario.
O usuario está obrigado a facer un bo uso do servizo e, por tanto, a non utilizalo de mala fe para calquera práctica que estea prohibida pola lei ou rexeitada polos usos mercantís. PuntoGAL queda facultada por medio das presentes Condicións, a partir do momento en que teña coñecemento fidedigno da realización por parte do usuario de calquera actuación ou uso ilegal en xeral, a poñer en coñecemento das autoridades competentes estas circunstancias e dar de baixa ao usuario ou restrinxirlle o acceso ao Sitio Web ou ao Servizo. O usuario será o único responsable fronte a calquera reclamación ou acción legal, xudicial ou extraxudicial iniciada por terceiros prexudicados, asumindo este todos os gastos, custes e indemnizacións que, no seu caso, poida verse obrigada a asumir PuntoGAL se a reclamación é dirixida contra esta.
En caso de recibirse algún tipo de comunicado por parte dun terceiro sobre a suposta ilegalidade dalgún contido ou actividade levada a cabo por un usuario do Servizo, e sempre e cando esta comunicación sexa recibida de modo que o comunicante se identifique adecuadamente, procederase a poñelo en coñecemento do usuario e, en caso de que a actividade sexa manifestamente ilícita, procederase a bloquear o Servizo ou o contido en cuestión. Para que esta actividade sexa manifestamente ilícita esta ilegalidade debe ser inequívoca para calquera que acceda a eses contidos. En casos concretos como dereitos de autor ou inxurias e calumnias, non é posible entrar a dirimir se o usuario ten ou non dereito a intercambiar eses contidos, ou se os mesmos son constitutivos de inxurias ou calumnias sendo unicamente a autoridade competente quen poida indicar con seguridade esa ilegalidade e, por tanto, ordenar o cese do servizo.
O usuario é o único responsable da seguridade e confidencialidade das chaves coas que xestiona os enlaces, debendo gardalas en lugar seguro coa fin de impedir o acceso a terceiros non autorizados. A perda das chaves, por calquera causa, implicará a perda do acceso aos contidos cifrados coa mesma. En caso que as chaves deixen de ser seguras, o usuario será o único responsable de eliminar o enlace creado para facer inaccesible a información a persoas non autorizadas.
A vía principal e preferente de comunicación para informar e notificar todas as incidencias que se produzan polo uso do Sitio Web ou servizo velaqui.gal, será o correo electrónico. Con tal fin, o usuario poderá utilizar a dirección de correo electrónico info@dinahosting.com. As comunicacións de calquera índole que deban remitirse ao usuario conforme ao descrito neste apartado remitiranse á dirección proporcionada polo usuario ao rexistrarse como usuario do Servizo. O usuario comprométese a ter operativo este correo electrónico. Exclúese calquera tipo de responsabilidade que puidera derivarse pola falta de consulta ou erro no correo electrónico facilitado polo usuario. Cada unha das partes será responsable da garda e custodia das copias das comunicacións que se realicen.
Quedan reservados todos los dereitos. O sitio web velaqui.gal -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos.
O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web velaqui.gal non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións ou servizos postos a disposición no referido sitio web. A existencia de hiperenlaces en páxinas web alleas que permitan o acceso ao sitio web velaqui.gal non implicará en ningún caso a existencia de relacións comerciais ou mercantís co/coa titular da páxina web onde se estableza o hiperenlace, nin a aceptación ou supervisión por parte de PuntoGAL dos seus contidos ou servizos. PuntoGAL non será responsable en ningún caso dos contidos ou servizos da web do usuario onde se inclúa un hiperenlace ou enlace ao sitio web velaqui.gal.
PuntoGAL é a responsable do tratamento dos datos proporcionados a través do sitio web velaqui.gal.
Para acceder e/ou navegar polo sitio web de velaqui.gal non é necesario aportar ningún dato. O carácter obrigatorio da resposta ás preguntas que se expoñen, ou dos datos que se solicitan a través do sitio web, indícase mediante a incorporación dun asterisco (*) a continuación da pregunta ou campo do formulario. No caso de non proporcionarse os datos requiridos non será posible prestar o servizo ou funcionalidade solicitados.
Non se tratan datos de menores de idade en ningún caso, posto que unicamente se permite o rexistro como usuario a través do sitio web a persoas maiores de idade con plena capacidade para actuar no tráfico xurídico. Calquera conta de usuario dada de alta incumprindo este extremo será eliminada inmediatamente.
A información proporcionada polos usuarios será tratada conforme ás seguintes finalidades:
PuntoGAL unicamente tratará os datos persoais proporcionados polos usuarios de conformidade coas finalidades descritas nesta Política. Os datos rexistrados son eliminados nos prazos indicados, salvo que deba conservarse bloqueados para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Os usuarios son informados do tratamento dos seus datos nos termos anteriormente indicados mediante a aceptación das presentes Condicións Xerais ao rexistrarse como usuario do sitio web velaqui.gal.
Os usuarios deben absterse de proporcionar datos de carácter persoal doutros interesados, salvo que teñan a pertinente autorización, segundo a cal ditos interesados serán previa e debidamente informados sobre o contido da presente cláusula e, en concreto, que consenten que os seus datos sexan facilitados a PuntoGAL para ser tratados conforme ás finalidades que correspondan.
PuntoGAL non comunica datos de carácter persoal a terceiros, salvo que unha norma con rango de lei diga o contrario ou se é necesario para a prestación do servizo contratado. Non obstante, poderá comunicar datos persoais ás autoridades competentes: fiscais e aduaneiras, xudiciais, forzas e corpos de seguridade do Estado, e calquera outro destinatario que en función da normativa vixente resulte de aplicación.
Os datos proporcionados conforme ao disposto nesta cláusula serán tratados por Dinahosting SL en calidade de encargado do tratamento pola provisión dos servizos de aloxamento e de atención ao cliente de velaqui.gal, titularidade de PuntoGAL. Así mesmo, Dinahosting en calidade de responsable do tratamento como provedora de servizos de comunicacións electrónicas conservará os datos de tráfico e de localización asociados ao uso do servizo en cumprimento da Lei 25/2007, de 18 de outubro, e manterá rexistros de auditoria dos sistemas de información e redes coa finalidade, baseada no interese lexítimo, de manter a seguridade das redes, a infraestrutura técnica e os servizos, e detectar ou impedir a utilización abusiva ou fraudulenta dos servizos. Os interesados poden exercitar os seus dereitos nos termos descritos na Política de Privacidade de Dinahosting, accesible en todo momento en: https://dinahosting.com/legal/proteccion-datos.
Os usuarios teñen dereito a obter confirmación de se PuntoGAL está tratando ou non datos persoais que lle competan, a acceder aos seus datos persoais, e a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou completar os datos incompletos. Así mesmo, ten dereito a:
Todos estes dereitos poden exercitarse, en calquera momento solicitándoo por correo postal dirixido a Asociación PuntoGAL, na seguinte dirección: Rúa Tabernas, 11, 15001, A Coruña; ou ben, enviando un correo electrónico a info@dominio.gal. En todo caso, deberá acompañarse a solicitude dunha copia do documento oficial que acredite a identidade do titular dos datos.
Se o usuario considera que non está satisfeito no exercicio dos seus dereitos, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, autoridade de control competente en materia de protección de datos, cuxos datos de contacto son: calle Jorge Juan, 6 - 28001 Madrid.
Os usuarios do sitio web velaqui.gal son responsables da veracidade, actualidade e exactitude dos datos que proporcionan a Dinahosting, considerándose veraces, actuais e exactos os datos facilitados por eles mesmos. Así mesmo, son responsables de dispoñer da pertinente autorización para proporcionar datos de terceiros. PuntoGAL adoptará as medidas necesarias para suprimir e rectificar sen dilación aqueles datos que resultan ser inexactos con respecto aos fins para os que se tratan en canto teña coñecemento efectivo da súa inexactitude.
As cookies que utiliza o Sitio Web son anónimas e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario. Para coñecer a política de instalación e xestión de dispositivos de almacenamento e recuperación de datos en equipos terminais consulta a Política de Cookies
As presentes Condicións Xerais réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou conflito que se derive das presentes Condicións Xerais serán competentes aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, renunciando expresamente o usuario a calquera outro foro que puidera corresponderlle.
En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O presente contrato realízase unicamente en galego. O non exercicio dalgún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos.