Política de Cookies

Asociación PuntoGAL é a titular do sitio web velaqui.gal

A presente Política de Cookies pretende proporcionar a información necesaria para que calquera usuario do sitio web poida decidir se desexa permitir a instalación das cookies e como xestionalas. Por isto, proporcionamos unha serie de nocións básicas cuxo coñecemento consideramos esencial (que son as cookies e para que poden servir, ou como desactivalas ou borralas) para calquera usuario de internet, e facilitamos a identificación das nosas cookies.

A información sobre a Política de cookies de velaqui.gal proporciónase a través de dúas capas: a primeira, un “aviso” no pé de páxina do sitio web, no que se advirte da instalación de cookies non exentas -describindo a súa finalidade- no caso de proseguir a navegación sen modificar a configuración do navegador e proporciónase un enlace á presente Política para que o usuario poida coñecer con máis detalle o seu contido e funcionamento, sendo esta a segunda capa de información.

A Política de cookies é pública e permanentemente accesible a través do enlace habilitado no sitio web, denominado “Cookies”, ao que poden acceder os usuarios para manterse informados en todo momento. Así mesmo, a presente Política de Cookies pode actualizarse en calquera momento, como consecuencia dun cambio normativo ou como consecuencia de calquera cambio na configuración das cookies utilizadas.

Para almacenar e recuperar información dos equipos terminais dos usuarios dos seus sitios web podes utilizar cookies, e outras tecnoloxías similares (en adiante, denominadas conxuntamente “Cookies”).

As cookies son arquivos ou programas informáticos, enviados a un navegador por medio dun servidor web, que almacenan información no equipo do usuario, ao acceder ou navegar por un sitio web, e permiten que se acceda a esta tras a súa instalación. Noutras palabras, son elementos de información que un sitio web instala no teu dispositivo cando o visita. Estes dispositivos poden conter información sobre os hábitos de navegación dos usuarios ou do equipo no que se instalan, ou incluso poden utilizarse para recoñecer o usuario.

Tipos de Cookies

Existen diversos tipos de cookies en función da finalidade para a que se utilizan. Baixo o dominio velaqui.gal, utilízanse os seguintes tipos de cookies:

  • Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que existen nesta coma, por exemplo, identificar a sesión ou solicitude de uso do servizo por parte dos do usuario.
  • Cookies analíticas: Son aquelas que nos permiten realizar o seguimento e análise do comportamento dos usuarios do noso sitio web. Utilizamos os servizos de Google Analitycs para realizar estas análises. As condicións destes servizos poden consultarse nas seguintes direccións: Google Analitycs (tipos cookies Google; cookies de Google Analitycs).

As cookies que se utilizan son anónimas e non proporcionan referencias que permitan deducir datos persoais do usuario. Para coñecer a política de protección de datos de carácter persoal consulta a nosa Política de Privacidade.

Xestión de Cookies

A instalación das cookies producirase tras obter o consentimento dos usuarios. Consideramos que obtivemos dito consentimento se o usuario navega polo noso sitio web, ou se realiza determinadas accións que implican a autorización expresa da instalación das cookies (p.ex. ao utilizar o servizo velaqui.gal).

Se o usuario desexa revocar o consentimento prestado deberá eliminar as cookies instaladas e, no seu caso, modificar as súas preferencias sobre a aceptación de cookies a través das opcións do seu navegador. Para evitar que se instalen no futuro deberá activar as opcións de Navegación Privada ou “Do-Not-Track” previstas no seu navegador, é dicir, bloquear ou desactivar a instalación de cookies.

Para permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo o dispositivo mediante a configuración das opcións do navegador instalado no mesmo, debes seguir as instrucións proporcionadas polo propio navegador. A continuación proporcionámosche os enlaces para configurar as cookies dos navegadores máis populares:

Se utilizas calquera outro navegador, ou os enlaces proporcionados non conteñen a información que desexas, podes localizar como xestionar as cookies que se instalan no teu equipo accedendo ao menú “Opcións” ou “Configuración” –ou equivalente- do navegador, ou ben consultando a sección de “Axuda” ou “Soporte” do propio navegador.

Hai navegadores que permiten configurar regras específicas –excepcións- para administrar as cookies por sitio web, de forma que poden inhabilitarse as cookies de todos os sitios salvo de aqueles nos que se confíe.

Se non desexas que o código JavaScript de Google Analytics recopile os datos da túa visita podes instalar o complemento de inhabilitación para navegadores de Google Analytics. O complemento non evita que a información se envíe ao sitio web ou, por outras vías, a outros servizos de analítica web. Podes encontrar outras opcións de configuración da privacidade dos servizos de Google nos seguintes enlaces: Privacy Controls Google e Privacy partners Google.

Recorda que debes configurar as túas preferencias en todos os dispositivos que utilices para navegar por internet.